Saturday 18 de May de 2024

Arranca en Neda o curso de navegación a vela que promove a Deputación co apoio do Concello


Un total de 14 nenos e mozos toman parte na iniciativa

Dende hoxe e ata vindeiro venres, 14 nenos e rapaces inícianse na navegación a vela en Neda no curso que promove a Deputación da Coruña no municipio co apoio do Concello. Unha boa parte do alumnado é da localidade, aínda que tamén hai mozos e mozas doutros concellos da contorna como Ferrol ou Narón, e o obxectivo da campaña é dinamizar esta disciplina deportiva e fomentar a súa práctica entre os máis novos e novas. Os cursos, impartidos pola Federación Galega de Vela, lévanse a cabo nas augas da praia do Puntal.

Cinco xornadas con 4 horas de formación cada día, con parte teórica e, sobre todo, práctica, que se adapta ao nivel de cada alumno e alumna, e tamén ás condicións climatolóxicas. Unha iniciativa que se leva a cabo en toda a provincia, e da que este ano Neda é unha das sedes elixidas.